Tres sesións do ciclo «Cinema, etnografía, e muller», no MICE (Festival Cinema Etnográfico do noso Museo do Pobo Galego) programados xunto con Beli Martínez. Comeza #MICE con «Una vez fuimos salvajes» de Carmen Bellas, quen estará con nós compartindo esta primeira sesión do festival. A realizadora achégase, nesta a súa primeira longa, ao barrio de San Cristóbal en Madrid. Un universo que podemos atopar na periferia de moitas grandes cidades e onde se mesturan e conviven xentes de distintas xeracións e culturas. Cun marabilloso tratamento da imaxe e unha narración pouco convencional, a realizadora deambula polo barrio, procurando a maneira de retratralo.

«Una vez fuimos salvajes» proxéctase no Teatro Principal ás 20h30 na sección, «Etnografía, muller e cinema» que coordinan Xisela Franco e Beli Martínez.

Más información: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/triptico%20enteiro.pdf