CINEMA E MULLER

Las cineastas gallegas reclaman su espacio de expresión

“Cinema e Muller” é un proxecto que nace coa vontade de visibilizar as creadoras do audiovisual fomentando unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte. Co apoio, dende o inicio, da Deputación de Pontevedra, a capital da provincia convértese por mérito propio no primeiro elo expositivo desta aposta.

Comezamos o proxecto cunha investigación para obter un mapeo o máis exacto posible de mulleres realizadoras desta provincia, e situámolas a todas simultaneamente nunha web coas súas bios e información do seu traballo. Consideramos importante o debate académico e por iso tamén organizamos unas charlas con seis especialistas para aproximarnos á complexidade dos conceptos cinema-xénero en Galicia. Ademais, ofrecemos a maiores unha mostra cunha selección de cinema feito por creadoras galegas.

Por outro lado, consideramos que o apoio á produción é esencial. Por iso, coproxecto paralelo ”Creadoras do cinema: Pontevedra”, comisariamos unha película colaborativa nutrida por dez curtametraxes doutras tantas cineastas con voz propia.

Facemos unha estrea desa película e producimos un DVD e así mesmo compartímola na web creada ad hoc pola Deputación de Pontevedra. Un proxecto que quere ser integral, funcionar como modelo desexable e abranguer diferentes accións dende a investigación, a produción e a exhibición, poñendo en evidencia e afrontando a inxusta realidade do escaso cinema feito por mulleres.

Grupo de participantes en CINEMA E MULLER

Estreno de Visións, Auditorio de Vigo.

Beli Martinez, productora de Cinema e Muller y profesora de cinema

Estreno de Visións, Auditorio de Vigo.

Este impulso ás mulleres directoras adquire un especial significado agora porque estamos nun bo momento para o cinema feito en Galicia, recoñecido máis que nunca como movemento de vangarda en festivais internacionais independentes, nos que xa se fala do “Novo Cinema Galego”. Unha etiqueta difusa dun cine nas marxes e feito con poucos medios, é certo, pero que reflicte unha primavera no noso cinema, un discurso estético valente que está a espertar o interese no estranxeiro e non só a través de cineastas concretos moi premiados en festivais; tamén, no seu conxunto, como discurso dunha nación con selo e identidade propia. Este florecemento do cinema independente galego é algo marabilloso antes impensable sequera, polo que habería que aproveitar este momento e darlle pulo a tal recoñecemento. Existen na nosa contorna festivais moi interesantes que afianzan esta posición ao converterse en referentes a nivel internacional (PlayDoc, S8 Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Cineuropa…), nos que se aposta por un cinema de autoría e de risco, que reflexiona dende Galicia sendo universal.[/vc_column_text][vc_column_text]Como cineasta e investigadora, foi un unha experiencia fermosa ver esta proposta facerse realidade. Que una institución pública como a Deputación de Pontevedra se comprometa e apoie un proxecto deste tipo supón un estímulo positivo para un colectivo de persoas, directoras ou artistas, que conectamos grazas ao cinema. Foi moi acertado contar na producción coa camarada Beli Martinez, productora e profesora de cinema, que fixo unha tese de doutoramento centrada no Novo Cinema Galego. Ambas da man emprendimos esta viaxe creativa conectando co talento máis próximo.

Con todo, malia ese florecemento do cinema actual, os nomes de mulleres apenas soan nos postos de dirección, ocupando só o 7% (análises máis optimistas sitúan a Galicia no 15%) aínda que participan no guión, na rodaxe, na produción ou na posprodución. Sucede aínda hoxe que a medida que as mulleres ascenden nos postos de poder (no cinema e en case todos os ámbitos onde a brecha laboral e salarial de xénero existe) o cociente de inclusión é cada vez menor. Por iso, neste proxecto abordamos a problemática dende ese vértice, a dirección de películas, aínda que nos preocupa tamén a mellora da situación xeral das profesionais do audiovisual, sexan guionistas, produtoras, montadoras, directoras de fotografía, escenógrafas, deseñadoras de son, actrices, etc., porque as estatísticas xerais sosteñen que elas, na industria do cinema, non forman máis que o 10%.

Ocorre que, máis aló destas cifras, como curtametraxistas as mulleres están a facer un traballo salientable, a miúdo autoproducido, e cando propoñen a realización de longametraxes dáse unha maior dificultade que a que teñen os homes para dirixir.[/vc_column_text][vc_column_text]Tamén sucede, segundo expoñen directores e programadores de festivais, que se reciben poucas películas feitas por mulleres, incluso cando falamos de curtametraxes. As razóns desta dificultade para dirixir son complexas pero hai que abordalas na busca de horizontes posibles.

Esta iniciativa é un exemplo do que se pode facer para fomentar a construción de discursos narrados por mulleres. Porque se a linguaxe constrúe o mundo, e o audiovisual é unha linguaxe que hoxe sabemos esencial, ás mulleres quédalles por definir unha boa parte da súa historia. A realidade é que sen creadoras o imaxinario audiovisual propio das mulleres se atopa amputado, silenciado, desexando pronunciarse para achegar ao cinema a súa voz e para crear unha sociedade máis xusta.

Son maioría as películas onde elas aparecen como secundarias, perpetrando tópicos ou convertidas en produto efémero de consumo. Con todo, cando son mulleres as que dirixen as películas amósase un interese por dignificar os seus roles. A especificidade do cinema feito por mulleres maniféstase comprometido co discurso da diferenza ou da diversidade, nas marxes do discurso dominante. Por iso esa mirada das mulleres se atopa cómoda preto do cinema de autoría, no experimental ou no documental comprometido.

Cremos que unha parte importante dese audiovisual feito por mulleres se sitúa na intersección entre o cinema e a arte, e por iso poñemos especial énfase nas exploradoras dun cinema persoal, veñan do campo do mesmo cinema, da Comunicación Audiovisual, ou se movan no territorio das Belas Artes. Parécenos que o termo “realizadora” ou “directora de cinema” é o máis axeitado para englobalas, e incluímos nel os “novos medios audiovisuais”, sexa cine interactivo, videoarte, webdoc, database, cine expandido, cine de museo, vjing, videomapping, netcine, etc.

Cartel Cinema e Muller

Mapeo llevado a cabo para la búsqueda de realizadoras de cine dentro de la provincia de Pontevedra. En total se han encontrado más de setenta mujeres.

cartel de Visións la película colaborativa

Cartel de Visións la película colaborativa realizada por diez cineastas.

Mesa redonda en FESTIVAL S8

Mesa redonda de Visións celebrada en el FESTIVAL S8

Tras cento vinte anos de historia o cinema redefínese e expándese máis aló do cinema convencional, cuestionando a identidade do medio, apostando polos xéneros do eu, combinando documental e ficción, experimentando coa exhibición, migrando cara a outros espazos coma o museo, a rúa, ou Internet.

En definitiva, estamos presenciando unha explosión de creatividade no cinema que nos lembra a súa propia orixe, cando o cinematógrafo era un invento cheo de futuro.

XISELA FRANCO
Cineasta, Marzo de 2016

Xisela durante Cinema e Muller

Produtora de Cinema e Muller:

Artistas seleccionadas para pelicula colectiva titulada «Visións-Credoras de Cinema. Pontevedra«:

Dirección: Xisela Franco
Producción: Beli Martínez

Diseño cartelería e imagen de Cinema e Muller a cargo del Estudio Nuria Carballo.

La película está actualmente proyectándose en festivales. Si tiene interés en programarla para algún festival por favor solicítelo mediante contacto aquí.

Para más información: